O primeiro día de clase
O meu primeiro día de clase foi o luns día 20 de Novembro, comecei as 9.45 da mañá (xa que á primeira hora os nenos tiñan relixión e a mestra(Loli), ca cal xa falara venres, díxome que non fora). Entrei na aula a canda a tutora, os nenos estaban aínda ca profesora de relixión, pero, xa estaban recollendo. Loli dirixiuse ós nenos, e preguntoulle se se acordaban do que lle dixera o venres. Todos contestaron que sí, e dixeron o meu nome. Logo a mestra mándalle ir para o corcho e sentarse, xa alí, contan a canción dos bos días (consiste en ir sinalando un por un o nome de tódolos da clase, sendo a última a mestra e incorporando o meu nome)A seguinte actividade que fan, consiste en que todos (ordenadamente) conten o que fixeron o fin de semana. Sairon temas como o da choiva, o outono, o dentista... aproveitando algún comentario que fan do outono a mestra animaos a recordar todo o que saben, todos queren falar entón propoñen o tema das froitas e van decindo os que saben, repetindo algún. Para que este exercicio lle sexa máis sinxelo miran cara un taboeiro onde teñen os nomes e as fotos das froitas.Tódolos días teñen a rutina de que un deles poña a data, para eso, van o calendario, buscan o mes de novembro e contan os números ata o día no que están. Despois, van o lugar donde teñen a data e pegan o nome e o numero do día e mes no que están.Ó rematar esto todo, a mestra explícalle a ficha que van facer hoxe e logo fano, axudándolle nos cando teñen dudas. Cando rematan recollen cada un o seu libro e lévano á estantería, logo, toman a súa merenda (sentados na mesa) e van xogar.Para acabar o recreo, Loli dille que vaian recollendo. Chamoume moitísimo a atención o coordinados que están, xa que todos recolleron e puxeron as cousas no seu sitio, sen intervir en ningún momento a mestra. Cando esta veu que xa estaba todo recollido, comezou a cantar unha canción que emprega como método de relaxación (todos deitan a cabeza sobre a mesa como se estivesen durmindo e cando ela lle manda levantan o brazo ou perna dereita, tapar un ollo...; para axudarlle a coñecer o lado píntalle un puntiño negro na man dereita) Continuan cantando unhas cancións que teñen relación coa cara e unindo esto cun texto (dunha das cancións) escrito na pizarra. A partir deste, a mestra dille que van contar as palabras que hai en cada linea (explícalle cales son as palabras e axúdalles separándollas cunha liña de cor). Despois, contan as vocais e tamén algunha consonante que eles recoñecen porque está no seu nome. Partindo desto, a mestra colle fichas das letras e comezan a facelas, tamén repasan co dedo a vocal “U” que está escrita no encerado. Unha vez que van acabando collen plastilina e xogan con ela, cando xa remataron todos sentámonos no corcho e repartímoslle unhos trociños de noz que troixeran eles das súas casas. Logo, conta a mestra un conto e ó que remata pregúntalle se hai algún que se anime a contalo. Un deles anímase e contao axudado por unhas láminas que están no corcho e reflexan partes do conto. Para rematar a clase Loli préndelle o ordenador e ponlle un conto da boneca que teñen nos libros de fichas. Á hora de marchar, quitan o mandilón dentro da aula e van de poucos en poucos buscar o abrigo e a mochila ó perchero (onde teñen cada neno un gancho co seu nome por encima), todo sen axuda da profesora, volven a aula colocan a chaqueta enriba da mesa do revés e coa capucha cara eles e póñena, unha maneira que me chamou a atención pero que vin que resultaba moi eficaz para que todos a puxeran ben. Gustaríame destacar tamén a axuda que se prestaban unhos a outros. Este foi o meu primeiro día, un día que tardarei en olvidar xa que foi o meu primeiro contacto cos nenos como mestra, e tamén o reforzo dunha ilusión que xa tiña. Os nenos son fascinantes, vexo que de eles tanmén se poden aprender moitas cousas.